| 02 Aneae e anee |
Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 16. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
6. Sen prexuízo da permanencia durante un curso máis na etapa, prevista no artigo 20.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, a escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais na etapa de educación primaria nos centros docentes ordinarios poderá prolongarse un ano máis, sempre que iso favoreza a súa integración socioeducativa.
7. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, identificado como tal segundo o procedemento e nos termos que estableza a consellería competente en materia de educación, flexibilizarase nos termos que determine a normativa vixente. Esta flexibilización poderá incluír tanto a impartición de contidos e a adquisición de competencias propias de cursos superiores como a ampliación de contidos e competencias do curso corrente, así como outras medidas.
9. A escolarización do alumnado que se incorpore de xeito tardío ao sistema educativo, ao que se refire o artigo 78 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, realizarase atendendo ás súas circunstancias, aos seus coñecementos, á súa idade e ao seu historial académico. Quen presente un desfasamento no seu nivel de competencia curricular de máis de dous anos poderá ser escolarizado no curso inferior ao que lle correspondería por idade. No caso de superar ese desfasamento, incorporarase ao curso correspondente á súa idade.