02 Aneae e anee
Índice tema

Flexibilización. Sobredotación.

Orde do 28 de outubro de 1996. Art. 7º.

O procedemento para solicitar a anticipación da escolarización ou a reducción da duración dun ciclo no ensino obrigatorio será o que segue:

1. Cando desde o contorno familiar ou escolar se manifestaran indicios de que determinado alumno ou alumna podería posuír necesidades educativas especiais asociadas a sobredotación intelectual, a dirección do centro, coa conformidade dos pais e nais ou titores legais ou ordinarios do interesado, ou das persoas ou institucións que ostenten a garda e protección dos menores, solicitaralle ó departamento de orientación do centro, se é o caso, ou ó equipo psicopedagóxico de apoio do sector correspondente que realice unha avaliación individual psicopedagóxica.

2. Apartado derrogado pola Orde de 27 de decembro de 2002 (DOG do 30 de xaneiro de 2003)

3. A inspección educativa elaborará un informe sobre a idoneidade ou non da proposta de flexibiliza-lo período de escolarización, así como das medidas de adaptación curricular que a acompañan.

4. Apartado derrogado pola Orde de 27 de decembro de 2002 (DOG do 30 de xaneiro de 2003)