02 Aneae e anee
Índice tema

Flexibilización. Sobredotación.

Orde do 28 de outubro de 1996. Art. 7º.

1. Cando desde o contorno familiar ou escolar se manifestaran indicios de que determinado alumno ou alumna podería posuír necesidades educativas especiais asociadas a sobredotación intelectual, a dirección do centro, coa conformidade dos pais e nais ou titores legais ou ordinarios do interesado, ou das persoas ou institucións que ostenten a garda e protección dos menores, solicitaralle ó departamento de orientación do centro, se é o caso, ou ó equipo psicopedagóxico de apoio do sector correspondente que realice unha avaliación individual psicopedagóxica.

2. Unha vez realizada a avaliación psicopedagóxica segundo o que se establece no artigo cuarto da presente orde, a dirección do centro elevará ó inspector de educación que lle corresponda, durante o período comprendido entre o 1 e o 15 de xuño, a solicitude de flexibilización do período de escolarización, que deberá incluí-la seguinte documentación:

a) O informe do profesor titor que coordine o equipo de docentes que imparte ou impartiu docencia ó alumno ou alumna en cuestión.

b) O informe sobre o resultado da avaliación psicopedagóxica realizada polo equipo psicopedagóxico de apoio do sector e o departamento de orientación do centro, se é o caso.

c) A proposta concreta de adaptación do currículo, na que se recollan os obxectivos, contidos e criterios de avaliación que se propoñen, así como as opcións metodolóxicas que se consideren adecuadas, entre as que se recollerán as decisións relativas ó agrupamento, ós materiais e á distribución de espacios e tempos.

d) A conformidade dos pais ou titores legais respecto ó adianto de curso.

3. A inspección educativa elaborará un informe sobre a idoneidade ou non da proposta de flexibiliza-lo período de escolarización, así como das medidas de adaptación curricular que a acompañan.

Orde do 23 de novembro de 2007 . Art. 7º.3. 

3. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais poderá flexibilizarse de tal forma que se poida adiantar, logo da avaliación psicopedagóxica, o inicio da escolarización na etapa de educación secundaria obrigatoria, sempre que se considere que esta medida é a máis adecuada para o desenvolvemento equilibrado do alumnado e para a súa socialización.

Flexibilización. Necesidades educativas especiais.

Orde do 27 de decembro de 2002 . Art. 26º, 30º, 31º e 32º.

Artigo 26º.-Condicións xerais para a flexibiliza ción da duración da escolarización

O alumnado con necesidades educativas especiais poderá ser obxecto de medidas de flexibilización da súa escolarización nas diferentes etapas do ensino non universitario, para o que será necesaria a autorización desta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Para tal fin, será imprescindible a constatación da aplicación previa doutras medidas de adaptación curricular ou organizativas previstas para a atención das necesidades específicas do alumno.

Artigo 30º.-Procedemento para solicitar as flexibilizacións.

Para acollerse ás flexibilizacións ás que se fai referencia nos artigos anteriores a dirección do centro presentará a oportuna solicitude na correspondente delegación provincial. Esta acompañarase da seguinte documentación:

a) Informe que xustifique a necesidade da medida, elaborado polo departamento de orientación do centro ou ó que este estea adscrito ou, no seu defecto, polo profesor titor;
b) Conformidade expresa dos pais ou titores legais do alumno, se é menor de idade, ou a súa propia se non o é;
c) Fotocopia compulsada do libro de escolaridade ou de cualificacións, se procede, ou certificación académica;
d) Proposta de adaptación do currículo segundo o disposto na Orde do 6 de outubro de 1996.

A citada solicitude remitirase, xunto co informe da inspección educativa, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, á que corresponderá a autorización ou denegación da flexibilización. Tanto por iniciativa da inspección educativa, como pola da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, poderase requirir ó equipo de orientación específico dependente da delegación provincial correspondente a elaboración dun informe complementario ó respecto.

Artigo 31º.-Prazos para as solicitudes de flexibilización.

No caso daquelas modalidades de ensino que non conten con avaliación extraordinaria no mes de setembro, o prazo para presenta-las solicitudes de flexibilización será o mes de abril. As delegacións provinciais trasladaranas á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional antes do 31 de maio, acompañándoas dos informes correspondentes. A resolución correspondente comunicaraseó centro antes do 31 de xullo para o seu trasladoó interesado.No caso das modalidades de ensino que conten con avaliación extraordinaria no mes de setembro e das ensinanzas de réxime especial, a solicitude de flexibilización farase no mes de setembro, coincidindo co correspondente prazo de matrícula, debendo remitila a dirección do centro á delegación provincial nos sete días naturais seguintes. A tramitación perante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional levarase a cabo dentro dos quince días naturais posteriores á presentación da solicitude de matrícula. A correspondente resolución comunicarase ó centro nun prazo non superior a quince días naturais, contados a partir da recepción da solicitude de flexibilización na dirección xeral.

Artigo 32º.-Rexistro no expediente académico das flexibilizacións do período de escolarización.

Con carácter xeral, calquera medida de flexibilización consignarase, incluíndo a resolución pola que foi autorizada, en tódolos documentos de avaliación do alumno que en cada caso correspondan.