| 02 Aneae e anee |
1. Considéranse modalidades de escolarización:
a) A escolarización en centros ordinarios, en que se poderán crear ou autorizar unidades de educación especial. Igualmente, determinados centros ordinarios poderán ser habilitados, pola consellería con competencias en materia de educación, como centros de escolarización preferente.
b) A escolarización en centros de educación especial.
c) A escolarización combinada entre un centro ordinario e un centro de educación especial.
Para os efectos de escolarización, as unidades de educación especial nos centros ordinarios terán a consideración de centros de educación especial.
2. No caso das escolarizacións combinadas entre un centro ordinario e un centro de educación especial, o alumnado pertencerá, para efectos académicos e administrativos, ao centro educativo que se determine na resolución da xefatura territorial correspondente.O profesorado de ambos os centros coordinarase no proceso de planificación, atención e avaliación deste alumnado.
3. A escolarización do alumnado nunha modalidade diferente da ordinaria estará sometida a un proceso de revisión periódica por parte da xefatura do Departamento de Orientación correspondente, que será trimestral en educación infantil e, cando menos, anual nas demais ensinanzas. Cando, a partir desa revisión, se conclúa que é necesario un cambio na modalidade de escolarización, este deberá solicitarse á xefatura territorial correspondente, quen resolverá.
Artigo 17. Escolarización nos centros ordinarios.1. Os centros ordinarios constitúen o referente básico para os efectos da escolarización.
2. A escolarización en educación infantil poderá, excepcionalmente, aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con carácter xeral, en función, respectivamente, das necesidades educativas especiais ou das altas capacidades do alumnado. En ningún caso se poderá permanecer en educación infantil máis alá do ano natural en que se cumpran os sete de idade nin comezar a educación primaria antes do ano natural en que se cumpran os cinco anos.
3. Cando en educación infantil, de acordo co procedemento establecido, se opte pola permanencia dunha nena ou neno con necesidades educativas especiais un ano máis no primeiro ciclo, a súa incorporación ao segundo ciclo realizarase ao primeiro curso dese ciclo, aínda que non se axuste ás condicións de idade requiridas con carácter xeral. Este alumnado poderá optar á reserva de prazas establecida con carácter xeral para o alumna- do con necesidade específica de apoio educativo que se escolariza no primeiro curso do segundo ciclo de educación infantil.
4. A escolarización en educación primaria poderá, excepcionalmente, aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con carácter xeral, en función, respectivamente, das necesidades educativas especiais ou das altas capacidades do alumnado. En ningún caso se poderá permanecer en educación primaria máis alá do ano natural en que se cumpran os quince de idade nin comezar a educación secundaria obrigatoria antes do ano natural en que se cumpran os dez anos.
5. A escolarización en educación secundaria obrigatoria poderá, excepcionalmente, aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con carácter xeral, en función das necesidades educativas especiais ou das altas capacidades do alumnado, respectivamente. En ningún caso se poderá permanecer en educación secundaria obrigatoria máis alá do ano natural en que se cumpran os dezanove anos, agás en unidades ou centros de educación especial, que se poderá prolongar ata o ano natural en que se cumpran os vinte e un de idade.
Artigo 18. Escolarización en centros ordinarios de escolarización preferente.1. A consellería con competencias en materia de educación poderá habilitar centros ordinarios como centros de escolarización preferente, coa finalidade de lle proporcionar a atención educativa ao alumnado con necesidades educativas especiais que, polas súas singulares características, precise recursos humanos ou materiais específicos de difícil xeneralización nos centros ordinarios sostidos con fondos públicos.
2. O procedemento de escolarización nos centros ordinarios de escolarización preferente do alumnado con necesidades educativas especiais que requira eses recursos ou materiais específicos realizarase conforme o establecido para os centros de educación especial.
Artigo 19. Escolarización en unidades de educación especial.1. A consellería con competencias en materia de educación poderá crear ou autorizar unidades de educación especial en centros ordinarios cando se entenda como o recurso máis adecuado para atender as necesidades educativas especiais de determinado alumnado, facilitando a participación e a posibilidade de compartir actividades e espazos do centro ordinario que favorezan a inclusión.
2. A escolarización do alumnado en unidades de educación especial, combinada ou a tempo completo, e a organización da súa atención educativa, estarán suxeitas ás mesmas condicións e procedementos que os dispostos para os centros de educación especial.
3. A escolarización do alumnado a tempo completo nunha unidade de educación especial poderá prolongarse un terceiro ano en educación primaria e un cuarto en educación secundaria obrigatoria, nos termos establecidos pola consellería con competencias en materia de educación e respectando o límite de 15 anos nas unidades dos centros ordinarios de educación primaria e de 21 anos nos de educación secundaria obrigatoria, cumpridos, en ambos os casos, no ano natural en que remata o curso escolar.
4. Os proxectos educativos dos centros ordinarios que conten con unidades de educación especial incluirán os aspectos singulares da organización e funcionamento que as caracterizan.
Artigo 20. Escolarización en centros de educación especial.1. Enténdese por centro de educación especial aquel onde se escolariza, exclusivamente, alumnado con necesidades educativas especiais que require modificacións significativas do currículo en parte ou en todas as áreas ou materias e que precisa da utilización de recursos moi específicos ou excepcionais, necesidades que non poden ser atendidas e recursos que non se poden facilitar dentro das medidas de atención á diversidade dos centros educativos ordinarios.
2. A escolarización nos centros de educación especial realizarase segundo o procedemento que estableza a consellería con competencias en materia de educación.
3. A competencia para a escolarización nos centros de educación especial corresponde á xefatura territorial e deberá contar co ditame de escolarización emitido polos servizos de Orientación, co informe do Servizo de Inspección Educativa e coa manifestación por escrito da vontade das nais, pais ou titores e titoras legais.
4. O alumnado escolarizado a tempo completo nun centro de educación especial poderá prolongar a súa escolarización un terceiro ano en educación primaria e un cuarto en educación secundaria obrigatoria, nos termos establecidos pola consellería con competencias en materia de educación e respectando o límite de 21 anos de idade para a permanencia do alumnado nos centros de educación especial, cumpridos no ano natural en que finaliza o curso escolar.
5. As ensinanzas nos centros de educación especial e nas unidades de educación especial dos centros ordinarios abordarán unha educación básica obrigatoria e unha formación profesional adaptada e de transición á vida adulta. A educación básica a que se refire o punto anterior terá unha duración mínima de dez anos e centrarase no desenvolvemento dos obxectivos e competencias básicas no grao en que as características persoais do alumnado o posibiliten. A formación profesional adaptada estará encamiñada á adquisición de competencias profesionais e das habilidades da vida diaria que lle permitan ao alumnado desenvolverse coa máxima autonomía posible. Esta formación, de ser o caso, poderá ter efectos de acreditación das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. A consellería con competencias en materia de educación establecerá a ordenación das ditas ensinanzas.
6. Os centros de educación especial, para efectos de organización e funcionamento, contarán con regulación específica adaptada ás súas peculiaridades. é competencia da consellería con competencias en materia de educación esa regulación.
7. Nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación, os centros de educación especial poderán constituírse como centros de recursos específicos, poñendo á disposición dos centros ordinarios os materiais e recursos de que dispoñen, centralizando os recursos máis especializados e exercendo os labores de asesoramento e atención ambulatoria que se determinen. Igualmente, fomentarán o intercambio de experiencias e a difusión de boas prácticas docentes.
Artigo 27. Alumnado sometido a medidas de protección e tutela.
3. A consellerĂa con competencias en materia de educación garantiralle ao alumnado asignado a familias acolledoras unha praza escolar no centro educativo en que se escolarice outro alumnado dependente desas mesmas familias, fillas ou fillos ou outro alumnado acollido, sempre que no centro se impartan as ensinanzas que lle corresponde cursar.
4. Cando as medidas de protección e tutela supoñan un cambio de centro escolar, a sĂșa tramitación e resolución levarase a cabo con carácter urxente.
Artigo 28. Alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar.
1. A consellería con competencias en materia de educación asegurará, dentro do seu ámbito competencial e de acordo co establecido no artigo 17 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, a escolarización inmediata do alumnado que se vexa afectado por cambios de centro derivados de situacións de violencia de xénero. Así mesmo, os centros educativos prestarán atención especial á inclusión e normalización do dito alumnado.
2. Nos casos en que sexa necesario un cambio de centro por motivos de violencia ou acoso escolar, garantirase a escolarización inmediata do alumnado afectado.
Artigo 29. Alumnado pertencente a familias itinerantes.1. Será destinatario desta atención aquel alumnado que, por razóns de itinerancia da súa familia, non poida asistir ao mesmo centro educativo de xeito continuado.
2. A consellería con competencias en materia de educación facilitará a escolarización deste alumnado nos centros do contorno onde itinere a súa familia ou representantes legais, nas condicións establecidas con carácter xeral para todo o alumnado e coas medidas de atención á diversidade que procedan, co fin de garantir a continuidade do seu proceso de aprendizaxe.
3. O cambio, por razóns de itinerancia, dun centro educativo ao outro realizarase segundo o establecido para os traslados de centro, polo que o centro de orixe deberá facilitar ao centro de destino, logo de petición deste, a información pertinente.
Artigo 36. Ditame de escolarización.1. O ditame de escolarización para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo realizarase, no caso de que se consideren necesarios recursos extraordinarios de atención educativa ou ben unha modalidade de escolarización distinta da ordinaria, nas seguintes situacións:
2. O ditame de escolarización consiste nun informe persoal dunha alumna ou dun alumno elaborado polos servizos de Orientación, no cal se recollerán, cando menos:
3. A elaboración do ditame de escolarización corresponderá á xefatura do Departamento de Orientación, ou ao cargo equivalente nos centros privados concertados, do centro en que está escolarizada a alumna ou o alumno ou para o cal solicita a súa escolarización por primeira vez, quen poderá contar, de ser o caso, coa colaboración do equipo de orientación específico correspondente.
4. No caso de cambio de centro escolar, pero dentro do mesmo tipo de ensinanzas, revisarase o último ditame de escolarización e non será necesario elaborar un novo ditame agás que haxa circunstancias que así o requiran ou que o dito traslado supoña, tamén, un cambio na modalidade de escolarización. A revisión e, de ser o caso, elaboración dun novo ditame correspóndelle á xefatura do Departamento de Orientación do centro que recibe a solicitude de escolarización, que requirirá ao centro de procedencia, a través das respectivas direccións, a información escrita que corresponda.
5. Cando sexa necesario modificar a modalidade de escolarización dun alumno ou dunha alumna ou cando circunstancias especiais así o aconsellen, ademais do ditame de escolarización que elabore a xefatura do Departamento de Orientación do centro correspondente, a xefatura territorial de Educación poderá requirir ao equipo de orientación específico a elaboración dun ditame complementario ao emitido pola xefatura do Departamento de Orientación do centro educativo.