| 01 Atención á diversidade. ESO.BAC. |
| |
1.4. Decretos de currículo e Ordes de implantación, desenvolvemento e avaliación das distintas ensinanzas
ESO
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 13/07/07).
- Exención 2º
ligua extranxeira. Art. 6º.4.
- Programa de reforzo educativo de pendentes. Art. 12º.7.
- Prolongación idade escolarización en repetición en 4º (19 anos). Art. 12º.10
- Atención á diversidade: apoios, desdobramentos, escolarización alumnados incorporación tardía, flexibilización altas capacidades…Art. 13º.
- ANEE: AC (avaliación e promoción en referencia aos seus obxectivos), prolongación da escolarización 1 ano. Art. 14º.
- PDC. Art. 15º.
- Plan específico personalizado para repetidores. Art. 18º.
- A atención á diversidade na CC e programacións. Art 18º.
- Titoría e orientación ao alumnado. Art. 20º.
- Participación dos pais no proceso educativo. Art. 21º.
Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 12/09/07).
- Posibilidade para alumnado de 1º e 2º que presente claras dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular na área de lingua, de quedar exento de cursar segunda lingua estranxeira. Art. 5º f).
- Recibirá reforzo educativo logo do informe pertinente do titor da etapa ou curso anterior coa colaboración do DO.
- No seu expediente académico figurará coa mención de exento.
- A competencia da decisión recaerá na dirección, oídas as nais/pais/ titores.
- Posibilidade de flexibilización do currículo: enriquecemento para aac e AC para anee. Art. 7º.
- Atención á diversidade. Art. 8º.
- AS MAD EN NINGÚN CASO SUPORÁN UNHA DISCRIMINACIÓN QUE LLE IMPIDA AO ALUMNADO ACADAR ESTES OBXECTIVOS E A TITULACIÓN CORRESPONDENTE.
- MAD organizativas e/ou curriculares: desdobramento, programas de diversificación curricular, etc
- O reforzo educativo nas áreas instrumentais, lingua castelá e galega e matemáticas será prioritario.
- Desdobramento nas materias de linguas e matemáticas: grupos de máis de 20 alumnos. O centro contará cos recursos necesarios.
- Agrupamentos de materias en ámbitos nos cursos 1º e 2º:
- A efectos de organización.
- Unha soa persoa debe impartir docencia de máis dunha materia.
- Cada unha das materias terá o seu propio currículo e o tratamento, para efectos de avaliación, será o mesmo que cando é impartida por separado.
- En ningún caso significará un programa de diversificación curricular.
- Avaliación. Art. 9º.
- detección das dificultades do alumnado e a toma de decisións en canto ás medidas precisas.
- Horario disponible do profesorado: prioridade da dedicación ao reforzo do alumnado que o necesite para unha mellor atención á diversidade. Art. 10 b).
Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 07/17/08).
- Detección das dificultades do alumnado e a toma de decisións en canto ás medidas precisas. Art. 2º.3, 4º.2.
- Asesoramento do orientador. Art. 4º.3.
- Valoración cualitativa nas actividades de reforzo do alumnado exento de francés. Art. 4º.9.
- Avaliación e promoción de alumnos con AC conforme ao establecido nestas. Art. 5º
- Promoción con pendentes con programa de reforzo. Art. 6º.6.
- Reducción duración da etapa alumnos altas capacidades. Art. 6º.7.
- Plan de recuperación das aprendizaxes non adquiridas para alumnado repetidor. Art. 6º.8.
- Información aos pais das decisión adoptadas para reforzo/recuperación. Art. 8º.2.
BACHARELATO
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 23/06/08).
- Medidas de reforzo educativo cando se detecten dificultades de aprendizaxe. Art. 13º.5.
- Actividades de recuperación e avaliación de materias pendentes. Art. 14º b).
- MAD na CC. Art. 17ºd).
ORDE do 24 de xuño de 2008pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 27/06/08).
- Desdobramentos.
- Unha hora semanal
- Nas materias que precisen de prácticas de laboratorio (física e química, física, química, bioloxía e xeoloxía, bioloxía), uso de ferramentas que poidan implicar algún risco (tecnoloxía) ou práctica da expresión oral (linguas estranxeiras).
- Sempre que os grupos superen os 20 estudantes
- En función dos recursos dispoñibles.
- Medidas de reforzo educativo cando se detecten dificultades de aprendizaxe. Art. 7º.6.
- Anulación de matrícula. Art. 11º:
- Cando circunstancias de enfermidade prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
- Solicitude da anulación de matrícula á dirección do centro educativo, antes do 30 de abril, acompañada das xustificacións pertinentes.
- Resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da dita anulación corresponderalle ao director ou directora do centro público a que estea adscrito.
- Na CC: liñas xerais de atención á diversidade. Organización das actividades de reforzo das materias, como obriga do profesorado. Art. 14º.
ESO- BACHARELATO
No ano académico 2015/16 implántanse as modificacións introducidas pola LOMCE e normativa de desenvolvemento nos cursos primeiro e terceiro de ESO e no curso primeiro de bacharelato.
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 29/06/15).
DISPOSICIÓNS XERAIS:
- Elementos transversais. Art. 4º.
- Autonomía dos centros na atención á diversidade.Art. 5º.
- Participación dos pais no proceso educativo. Art. 6º .
- ANEAE. Art. 7º:
- Identificación, valoración e intervención
- Medidas curriculares e organizativas.
- Condicións de realización da avaliación adaptadas ao aneae.
- AC para alumnos con nee.
- Altas capacidades: flexibilización/enriquecemento
- Medidas de flexibilización e alternativas metodolóxicas no ensino e na avaliación da lingua estranxeira para o alumnado con discapacidade, en especial para o que presente dificultades na súa expresión oral. Disposición adicional segunda.
ESO
- AD-orientación como principio. Arts. 8º, 11º.
- Convivencia e valores como obxectivos da etapa. Art. 10 º.
- Principios metodolóxicos. Art. 11º:
- AD
- Posibilidade nos primeiros cursos da etapa de que o profesorado coa debida cualificación imparta máis dunha materia ao mesmo grupo de alumnos .
- Atención personalizada.
- Adopción de medidas tan pronto se detecten dificultades.
- Posibilidade dos centros de optar a dedícar o horario de libre configuración dos centros ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias. Art. 13º.4.
- Orientación e AD. Capítulo III.
- Importancia da titoría e orientación. Titor como coordinador do equipo docente, orientador do alumno e en permanente relación cos país. Art. 16.
- Medidas organizativas e curriculares para a atención á diversidade e á organización flexible das ensinanzas. Art. 17.
- MAD no PEC
- Posibilidade de prolongación de escolaridade nee 1 ano.
- Se a segunda repetición se leva a cabo en 3º ou 4º prologarase un ano o límite de idade establecido con carácter xeral (19 anos).
- Posibilidade de segunda repetición do 4º curso
- Posibilidade de integración de materias en ámbitos de coñecemento en 1º. Art. 18º.
- Alumnado de incorporación tardía: se presenta desfase de cc de máis de dous cursos pode ser escolarizado nun curso inferior ao que lle corresponde por idade. Se supera o desfase, incorporarase ao curso correspondente á súa idade. Art. 19º.
- PMAR. Art. 20º.
- Avaliación, promoción e titulación. Capítulo IV.
- Medidas de reforzó tan pronto se detecten dificultades. Art. 21º
- Condicións da avaliación adaptadas ao ANEAE. Art. 21º
- Avaliación final. Art. 22º.
- Programas de reforzo para materias pendentes. Art. 23º.3.
- Plan específico personalizado para repetidores. Art. 23º.6.
- Consello orientador ao final de cada curso. Art. 23º.7.
BACHARELATO
- Convivencia e valores como obxectivos da etapa. Art. 26º.
- Metodoloxías que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e as súas características individuais e/ou estilos de aprendizaxe, co fin de conseguir que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento das súas capacidades. Art. 27º.1.
- Importancia da titoría e orientación. Titor como coordinador do equipo docente e en permanente relación cos país. Art. 27º.6.
- Posibilidade dos centros de optar a dedícar o horario de libre configuración dos centros ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias.Art. 31º.6.
- Condicións de realización da avaliación adaptadas ao ANEAE. Art. 33º.3.
- Avaliación final. Art. 34º.
- Actividades de recuperación e avaliación de pendentes. Art. 35º.
RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 29/07/15).
ESO
- Se o horario de libre configuración do centro se dedica ao afondamento e/ou reforzo dalgunha materia: a súa avaliación estará integrada na materia obxecto do afondamento e/ou reforzo. Art. 3º.3
- Exención da segunda lingua estranxeira. Art. 3º.4.:
- alumnado do primeiro curso que presente dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular nas materias lingüísticas.
- Recibirá reforzo educativo naqueles aspectos en que se detectasen as dificultades, logo do informe pertinente do titor da etapa ou curso anterior, coa colaboración do orientador, no cal se fará explícito o motivo da medida adoptada.
- Nos documentos de avaliación figurará como exento.
- A decisión recaerá na dirección do centro docente, oídas as nais/pais/titores legais do alumnado.
- PMAR.Art. 6º.
- Integración de materias en ámbitos de coñecemento no primeiro curso de ESO
Art. 7.
- deberá respectar os contidos, os estándares de aprendizaxe avaliables e os criterios de avaliación de todas as materias que se agrupan, e o horario asignado ao conxunto delas.
- Non terá efectos na organización das ensinanzas pero non nas decisións asociadas á avaliación e á promoción.
- A adopción desta medida non condiciona todos os grupos do nivel, nin tampouco obriga a agrupar todas as materias en ámbitos.
- Requirirá autorización expresa do servizo provincial de Inspección Educativa.
BACHARELATO
- Se o horario de libre configuración do centro se dedique ao afondamento e/ou reforzo dalgunha materia: a súa avaliación estará integrada na materia obxecto do afondamento e/ou reforzo. Art. 9º.4.
- Anulación da matrícula. Art.11º
- cando circunstancias de enfermidade prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
- solicitude da anulación de matrícula á dirección do centro educativo, antes do 30 de abril, acompañada das xustificacións pertinentes.
- Resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da dita anulación corresponderalle ao director ou directora do centro público a que estea adscrito
- As medidas de atención á diversidade na programación. Art. 13º