| 01 Atención á diversidade |
Artigo 15º.-Medidas de atención á diversidade.
1. As propostas educativas para atender a diversidade basearanse en principios inclusivos, integradores e non discriminatorios.
2. Todo o persoal do centro educativo considerará no seu labor a diversidade do alumnado, adaptando todas as súas actuacións e a práctica educativa ás características persoais, necesidades, intereses e estilo cognitivo das nenas e dos nenos, dada a importancia que nestas idades adquiren o ritmo e o proceso de maduración.
3. Os centros deseñarán, a través do departamento de orientación, accións e recursos encamiñados á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe . Asi mesmo, facilitarase a coordinación de cantos axentes interveñan na atención deste alumnado. 4. As medidas de atención á diversidade que adopte cada centro docente formarán parte do seu proxecto educativo.
4. As medidas de atención á diversidade que adopte cada centro docente formarán parte do seu proxecto educativo.