| 01 Atención á diversidade |
2. Tal e como establece o artigo 9 do Decreto 130/2007, o alumnado promocionará ao ciclo seguinte sempre que alcanzase o desenvolvemento adecuado das competencias básicas e un axeitado grao de madurez consonte a súa idade. Accederase igualmente ao ciclo seguinte cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfacto riamente o novo ciclo. Neste caso, o centro educativo adoptará as medidas precisas para que o alumnado reciba os reforzos e apoios necesarios para a recuperación das ditas aprendizaxes.
3. O alumnado que non cumpra as condicións anteriores, permanecerá un ano máis no mesmo ciclo. Esta medida só poderá ser adoptada unha soa vez ao longo de toda a etapa educativa e irá acompañada dun plan específico de reforzo e recuperación organizado polos centros arredor das competencias básicas e a aquelas áreas que faciliten a superación das dificultades de aprendizaxe.