01 Atención á diversidade
Índice tema

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 23/06/09).

Artigo 9.-Atención á diversidade.

1. A intervención educativa debe recoller como principio a diversidade do alumnado, adaptando a práctica educativa ás características persoais, necesidades, intereses e estilo cognitivo dos nenos e nenas, dada a importancia que nestas idades adquiren o ritmo e o proceso de maduración.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableceráยก os procedementos que permitan identificar aquelas características que poidan ter incidencia na evolución escolar das nenas e dos nenos coa finalidade de dar a resposta educativa axeitada para a atención á diversidade.

3. Os centros adoptarán as medidas oportunas dirixidas ao alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo.

4. Os centros atenderán as nenas e os nenos que presenten necesidades educativas especiais buscando a resposta educativa que mellor se adapte ás características e necesidades persoais.

5. Terase en conta o principio de flexibilidade para adecuar a educación ádiversidade de aptitudes, intereses e necesidades do alumnado en toda a etapa educativa.