| 01 Atención á diversidade |
Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 6. Autonomía dos centros docentes
2. Os centros docentes desenvolverán e completarán, de ser o caso, o currículo e as medidas de atención á diversidade establecidas pola consellería competente en materia educativa, adaptándoas ás características do alumnado e á súa realidade educativa, co fin de atender a todo o alumnado. Así mesmo, arbitrarán métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos/as e promovan o traballo en equipo.
4. Os centros docentes promoverán, ademais, compromisos coas familias e cos propios alumnos e alumnas nos que se especifiquen as actividades que uns e outros se comprometen a desenvolver para facilitar o progreso educativo.Artigo 7. Participación de pais, nais ou das persoas que exerzan a titoría legal no proceso educativo.
De conformidade co establecido no artigo 4.2.e) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e de acordo coas previsións da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, os pais, as nais ou as persoas que exerzan a titoría legal deberán participar e apoiar a evolución do proceso educativo dos seus fillos, das súas fillas ou das persoas que tutelen, así como coñecer as decisións relativas á avaliación e á promoción, e colaborar nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros docentes para facilitar o seu progreso educativo, e terán acceso aos documentos oficiais de avaliación e aos exames e documentos das avaliacións que se lles realicen aos seus fillos, fillas ou persoas tuteladas.