| 01 Atención á diversidade |
| |
Horario do profesorado e atención á diversidade, a alumnos con dificultades de aprendizaxe ou con nee. Capítulo V. 2.1.9.
2.1.9. Ó profesorado que non cubra as vintecinco
horas lectivas, o director, oído o claustro, poderá asignarlle
tarefas relacionadas con:
- Atención á diversidade, a alumnos con dificultades de aprendizaxe ou con necesidades educativas especiais.
- Impartición de áreas dalgunha das especialidades para as que estea habilitado noutros ciclos ou dentro do seu mesmo ciclo, con outros grupos de alumnos.
- Desdobramentos ocasionais de grupos con máis
de vinte alumnos de linguas estranxeiras, laboratorio e
informática.
- Apoio a outros mestres, especialmente ós de
educación infantil, nos termos establecidos no proxecto curricular.