| 01 Atención á diversidade |
Artigo 82°
A coordinación da atención ós alumnos con necesidades educativas especiais será realizada polo profesor de apoio á alención ós alumnos con necesidades educalivas especiais. Esle profesor será especialista en educación especial.
Artigo 83º
Os alumnos con necesidades educalivas especiais recibirán alención docente directa por parte dos profesores do grupo no que se integran, coa axuda, seé o caso, do profesorado de apoio na propia aula. Excepcionalmente, en función das necesidades do alumnado e das adaptacións curriculares establecidas poderanse facer inlervencións diferenciadas, debida rnente temporalizadas fóra da aula.
Artigo 84°
Ademais da atención docente directa que lles corresponda preslar ós alumnos en función das súas necesidades, o profesor o u profesora que se atope no centro como apoio á atención ós alumnos con necesidades educativas especiais desenvolverá as seguintes fun cións:
a) Coordinar en colaboración co xere de esludios as cueslións relacionadas coa educación e a estancia no cenlro dos alumnos con algún tipo de minusvalidez física, psíquica ou sensorial.
b) Colaborar coa comisión de coordinación pedagóxica na elaboración do plan de actuación respecto ao alumnado con necesidades educalivas especiais.
c) Orientar ao profesorado que imparta docencia aos alumnos con necesidades educativas especiais, así como a eles mesmos e ós pais sobre cuestións de interese para o seu desenvolvemento.
d) Colaborar co profesor titor e co reslo do profesorado na elaboración das adaptacións curriculares e no seguimento e a avaliación das mesmas.
e) Aqueloutras funcións que se lle puidesen asignar no ámbito de apoio ó alumnado con necesidades educativas especiais.