O artigo 1º establece que "España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político."
En aplicación dese principio de igualdade, o artigo 14º da Constitución sinala: "os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social".
O artigo 27º da Constitución recoñece que "todos os españois teñen dereito á educación" e que "o ensino básico é obrigatorio e gratuíto".
O artigo 49º sinala que "Os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos, aos que prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente para o desfrute dos dereitos que este Título outorga, a todos os cidadáns".