O xogo ten dúas modalidades nunha cuadrícula de 12x12 onde se ocultan ata 10 palabras:
As palabras poden estar en calquera dirección. Podes facer clic na primeira letra e despois na última, ou arrastrar o rato.
Autoría: Xosé Antón Vicente Rodríguez.
Licenza do recurso: Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual (CC BY-SA). Esta licenza permite a calquera persoa compartir (copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato) e adaptar (remesturar, transformar e construír a partir do material) para calquera propósito, incluso comercial, baixo as condicións de que se dea o recoñecemento axeitado á autoría orixinal, se achegue unha ligazón á licenza e se indique se se realizaron cambios; ademais, se se modifica ou transforma o material, débense distribuir as contribucións baixo a mesma licenza orixinal.