Obxectivo: Adiviña a palabra secreta seleccionando as letras do abecedario antes de que o boneco quede sen pezas.
O puzle e os erros: O boneco está formado por 6 pezas. Cada vez que falles unha letra, perderás unha peza. Se perdes todas as pezas, rematará a partida.
As modalidades de xogo:
- Sen definicións: Xogas intentando adiviñar a palabra directamente. Se gañas, verás a definición da palabra como curiosidade ao rematar.
- Con definicións: A pista ou significado aparecerá na pantalla durante toda a partida para axudarche a atopar a palabra.
Modos de xogadores: Podes xogar en solitario superando retos ou escoller o modo de dous xogadores por quendas, onde o boneco se mostra completo sen eliminar pezas e gaña quen completa a palabra.
O marcador: Rexistra cantas palabras vas resolvendo correctamente para superar o teu propio récord.