Obxectivo: A aplicación xera un código secreto de 5 cifras distintas (do 0 ao 9).
Desenvolvemento: Tes 10 intentos para adiviñar o código introducindo números de 5 cifras sen repetir.
Puntuación: En todas as modalidades a puntuación dispoñible diminúe nun 10% acumulativo con respecto ao intento anterior. O Modo C parte dunha puntuación base de 20 puntos.
Modalidades de Xogo:
• Modo A: Indicadores xerais sen mostrar cores individuais debaixo de cada díxito.
• Modo B: Nos intentos 3, 6 e 9 o sistema pregunta se desexas unha pista. As pistas descubertas amósanse nun panel verde superior para que non teñas que recordalas. Se aceptas algunha pista, a puntuación final redúcese nun 50%.
• Modo C: Cada número móstrase nunha cuadrícula co seu indicador de cor particular debaixo en cada intento.
Significado das cores:
Verde: O número está e no sitio correcto.
Amarela: O número está pero noutro sitio.
Vermella: O número non forma parte do código.
Autor: Xosé Antón Vicente Rodríguez
Licenza de uso: CC BY-SA (Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual)
En que consiste esta licenza? A licenza CC BY-SA permite a calquera persoa reutilizar, adaptar, modificar e construír sobre esta obra (incluso con fins comerciais), sempre e cando se recoñeza adecuadamente a autoría orixinal e as novas creacións se distribudan baixo os mesmos termos e condicións de licenza.