🧮 A Oca das Operacións Combinadas 🧮

Portada de A Oca das Operacións Combinadas

📜 Instrucións do Xogo

Obxectivo: Ser o primeiro xogador en chegar exactamente á casa final (META) e acertar a pregunta final.

  • 🎲 O Dado: Lanza o dado na túa quenda para avanzar posicións.
  • 🦆 De Oca a Oca: Se caes nunha Oca, saltarás automaticamente á seguinte Oca do taboleiro e... ¡volves tirar!
  • 🚓 O Cárcere: Se caes aquí, quedarás atrapado e perderás a túa seguinte quenda.
  • 🕳️ O Pozo: Caer aquí devolverache inmediatamente á casa de saída (casa 1).
  • ⚔️ Coincidencia de Fichas: Se caes nunha casa ocupada por outro xogador e acertas a túa pregunta, mandarás a ese xogador á casa 1.
  • Operacións Combinadas: Nas casas terás que resolver unha operación matemática.
    ⚠️ Se fallas ou deixas o espazo en branco, volverás á casa onde estabas antes de tirar o dado. Na META tamén terás que acertar para gañar!

👥 Cantos ides xogar?

Cargando quendas...
¡Preme en tirar!