XUSTIFICACIÓN DOS DONATIVOS, DOAZÓNS E ACHEGAS DEDUCIBLES (art. 24 da Lei 49/2002)

 

Para ter dereito ás deducións por donativos ás entidades e institucións previstas na Lei 49/2002, deberá acreditarse a efectividade da doazón efectuada, mediante certificación expedida pola entidade donataria na que se faga constar o seguinte:

 

1-   NIF e datos de identificación persoal do doador.

 

2-   NIF e datos de identificación da entidade donataria.

 

3-   Mención expresa de que a entidade donataria se encontra incluída entre as reguladas no artigo 16 da Lei 49/2002, do 23 de decembro.

 

4-   Data e importe do donativo cando este sexa en diñeiro.

 

5-   Documento público ou outro documento auténtico que acredite a entrega do ben doado cando non se trate de donativos en diñeiro.

 

6-   Destino que a entidade donataria dará ao obxecto doado no cumprimento da súa finalidade específica.

 

7-   Mención expresa do carácter irrevogable da doazón, sen prexuízo do establecido nas normas imperativas civís que regulan a revogación de doazóns.

 

No caso de revogación da doazón por algún dos supostos establecidos no Código civil, o doador ingresará as cotas correspondentes ás deducións aplicadas desfrutadas no período impositivo en que a dita revogación se produza, sen prexuízo dos xuros de mora que procedan.