Incluirase nesta epígrafe a contraprestación, calquera que sexa a súa denominación ou natureza, derivada de contas e depósitos en toda clase de institucións financeiras, incluíndo as baseadas en operacións sobre activos financeiros.
Tamén se farán constar nesta epígrafe os xuros explícitos obtidos de calquera clase de activos representativos da captación e utilización de capitais alleos.
Se o rendemento se percibiu en especie, deberá computarse como ingreso íntegro o valor de mercado dos bens ou servizos recibidos. Ao dito valor sumaráselle o ingreso á conta, salvo que o seu importe fose repercutido ao perceptor da renda.
Importante
Os rendementos con período de xeración superior a dous anos, contratados antes do 20 de xaneiro de 2006, deberán incluírse tamén na epígrafe N, "Cálculo do imposto e resultado da declaración", na ventá do recadro 587 da páxina 16, para os efectos de que o programa poida calcular, se procede, o importe da compensación fiscal do réxime transitorio.
Retencións
Así mesmo, indicaranse nesta epígrafe as retencións practicadas ou ingresos á conta efectuados sobre os rendementos xerados, cantidades que o programa traslada ao recadro 591 da páxina 16 da declaración.
Gastos deducibles (art. 26.1 da lei)
- Xuros de contas e depósitos:
En ningún caso se poderán computar gastos deducibles respecto destes rendementos.
- Xuros de activos financeiros:
Como gastos deducibles consignaranse exclusivamente os gastos de administración e depósito de valores negociables.