VOLUME DE RENDEMENTOS ÍNTEGROS

 

Para os efectos de determinar o volume de rendementos íntegros que exclúe da aplicación do réxime de estimación obxectiva, só se computarán:

 

-   As operacións que se deban anotar no libro de rexistro de vendas ou ingresos previsto no artigo 68.7 do Regulamento do IRPF ou no libro de rexistro de ingresos previsto no artigo 40.1 do Regulamento do imposto sobre o valor engadido, aprobado polo Real decreto 1624/1992, do 29 de decembro.

 

-   As operacións polas que estean obrigados a expedir factura, de acordo co disposto no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, aprobado polo Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro.

 

Cando no ano inmediato anterior se iniciase unha actividade, o volume de ingresos elevarase ao ano.

 

O volume de ingresos incluirá os obtidos no conxunto das actividades e non se computarán  entre eles as subvencións correntes ou de capital nin as indemnizacións, así como tampouco o imposto sobre o valor engadido e, se é o caso, a recarga de equivalencia que grave a operación, para aquelas actividades que tributen polo réxime simplificado do IVE.