VALORES HOMOXÉNEOS (art. 8 do regulamento)

 

Para os exclusivos efectos deste imposto, consideraranse valores ou participacións homoxéneos procedentes dun mesmo emisor aqueles que formen parte dunha

mesma operación financeira ou respondan a unha unidade de propósito, incluída a obtención sistemática de financiamento, sexan de igual natureza e réxime de transmisión, e atribúan aos seus titulares un contido substancialmente similar de dereitos e obrigas.

 

Non obstante, a homoxeneidade dun conxunto de valores non se verá afectada pola eventual existencia de diferenzas entre eles no relativo ao seu importe unitario; datas de posta en circulación, de entrega material ou de fixación de prezos; procedementos de colocación, incluída a existencia de tramos ou bloques destinados a categorías específicas de investidores; ou calquera outro aspecto de natureza accesoria. En particular, a homoxeneidade non resultará alterada polo fraccionamento da emisión en tramos sucesivos ou pola previsión de ampliacións.