VALOR DE TRANSMISIÓN (ELEMENTOS AFECTOS)

 

-   IMPORTE DA TRANSMISIÓN

Como regra xeral, consignarase o importe real polo que o alleamento se efectuase.

Por importe real do valor de allleamento tomarase o efectivamente satisfeito, sempre que non resulte inferior ao normal de mercado, en cuxo caso prevalecerá este.

Cando a transmisión fose a título lucrativo (herdanza ou doazón), tomarase por importe real o que resulte da aplicación das normas do imposto sobre sucesións e doazóns.

 

-   GASTOS DA TRANSMISIÓN

Consignaranse os gastos e tributos inherentes á transmisión en canto resulten satisfeitos polo transmisor.

 

-   OPERACIÓNS A PRAZOS: importe cobrado no ano 2014 (art. 14.2.d) da lei)

Considéranse operacións a prazos ou con prezo aprazado aquelas cuxo prezo se perciba, total ou parcialmente, mediante pagamentos sucesivos, sempre que o período transcorrido entre a entrega ou a posta á disposición e o vencemento do último prazo sexa superior ao ano.

No caso de operacións a prazos ou con prezo aprazado, o contribuínte poderá optar por imputar proporcionalmente as rendas obtidas en tales operacións, a medida que se fagan esixibles os cobramentos correspondentes.

Se se trata dunha operación a prazos ou con prezo aprazado, consignarase unha X no recadro establecido para o efecto e indicarase a parte do importe de transmisión cobrada no ano 2014, salvo que se opte por imputar integramente a ganancia ou perda patrimonial ao momento da transmisión.

En caso de que a operación se realizase ao contado, deberan deixarse estes recadros sen cubrir.

 

-   OPERACIÓNS DE RECOMPRA DO ELEMENTO TRANSMITIDO

Marcarase este recadro se a transmisión orixina unha perda e os elementos patrimoniais transmitidos foron adquiridos novamente nos prazos e condicións previstos no artigo 33.5, letras e), f) e g) da Lei do imposto, xa que a perda patrimonial non deberá computarse ata que non se produza a posterior transmisión definitiva de elementos patrimoniais adquiridos. A perda deberá ser declarada e cuantificada na declaración do exercicio no que se xerase aínda que non se integre para os efectos liquidatorios.