VALOR DE TRANSMISIÓN (art. 35.3 da lei)

 

O valor de transmisión será o importe real polo que o alleamento se efectuase.

Por importe real do valor de alleamento tomarase o efectivamente satisfeito, sempre que non resulte inferior ao normal de mercado, en cuxo caso prevalecerá este.

Deste valor deduciranse os gastos e tributos inherentes á transmisión en canto resulten satisfeitos polo transmisor.

Cando a transmisión fose a título lucrativo, tomarase por importe real o que resulte da aplicación das normas do imposto sobre sucesións e doazóns (art. 36 da lei), sen que poida exceder do valor de mercado.