VALOR DE ADQUISICIÓN (art. 35 e 36 da lei)

 

O valor de adquisición estará formado pola suma dos seguintes conceptos:

a)   O importe real polo que a dita adquisición se efectuase.

Cando a adquisición fose a título lucrativo tomarase por importe real o que resulte da aplicación das normas do imposto sobre sucesións e doazóns (art. 36 da lei) sen que poida exceder do valor de mercado.

Nas adquisicións lucrativas de empresas ou participacións ás que se refire a alínea 6 do artigo 20 da Lei 29/1987, do 28 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns, o donatario subrogarase na posición do doador respecto dos valores e datas de adquisición dos ditos bens (art. 36 da lei).

b)   O custo dos investimentos e melloras efectuados nos bens adquiridos e os gastos e tributos inherentes á adquisición, excluídos os xuros, que fosen satisfeitos polo adquirente.

Nas condicións regulamentariamente establecidas, este valor minorarase no importe das amortizacións.

O valor de adquisición actualizarase, exclusivamente no caso de bens inmobles, mediante a aplicación dos coeficientes que se establezan na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.