A través dunha ventá de captura de datos, deberá indicar os seguintes conceptos:
- IMPORTE DA ADQUISICIÓN
Como regra xeral, consignarase o importe real polo que a dita adquisición se efectuase.
Cando a adquisición ou a transmisión fose a título lucrativo (herdanza ou doazón), tomarase por importe real o que resulte da aplicación das normas do imposto sobre sucesións e doazóns.
Transmisión de elementos afectos a actividades económicas
Se se trata da transmisión dun elemento afecto a unha actividade económica, consignarase o prezo de adquisición ou custo de produción do elemento transmitido tendo en conta as amortizacións fiscalmente deducibles.
Atención: o programa non prevé o cálculo das ganancias ou perdas derivadas de elementos patrimoniais acollidos á actualización de balances.
- GASTOS E TRIBUTOS
Incluiranse nestes recadros os gastos e tributos inherentes á adquisición, excluídos os xuros, que fosen satisfeitos polo adquirente, indicando a data en que se produciu o gasto.
- AMORTIZACIÓNS
Cando se trate da transmisión de elementos patrimoniais cuxa amortización fose fiscalmente deducible (inmobles arrendados ou elementos afectos a actividades económicas), faranse constar as amortizacións fiscalmente deducibles, no ano en que se deduciron.
Bens non afectos: para as amortizacións correspondentes aos anos 1994 e 2010 deberá consignar a data da dotación, se é distinta do 31 de decembro.
Bens afectos: para as amortizacións correspondentes ao ano 2010 deberá consignar a data da dotación, se é distinta do 31 de decembro.
Se o elemento transmitido é un inmoble, o programa actualizará os diferentes compoñentes do valor de adquisición aplicando os coeficientes de actualización que corresponden aos bens afectos ou non afectos segundo proceda.
O valor de adquisición para elementos afectos, tendo en conta o dito anteriormente, estará formado por:
- O valor de adquisición do ben (ou custo de produción ou valor de afectación).
- Máis: o custo dos investimentos ou melloras efectuadas no elemento transmitido.
- Menos: o importe das amortizacións fiscalmente deducibles, computándose, en todo caso, a amortización mínima.
- Menos: o importe dos alleamentos parciais que, de ser o caso, se realizasen con anterioridade, así como as perdas sufridas polo elemento patrimonial.