VALOR DE ADQUISICIÓN

 

A través dunha ventá de captura de datos deberá indicar os seguintes conceptos:

 

-   IMPORTE DA ADQUISICIÓN

Como regra xeral, consignarase o importe real polo que a devandita adquisición se efectuase.

Cando a adquisición ou a transmisión fose a título lucrativo (herdanza ou doazón), tomarase por importe real que resulte da aplicación das normas do imposto sobre sucesións e doazóns.

 

Transmisión de elementos afectos a actividades económicas

Se se trata da transmisión dun elemento afecto a unha actividade económica, consignarase o prezo de adquisición ou custo de produción do elemento transmitido.

Atención: o programa non prevé o cálculo das ganancias ou perdas derivadas de elementos patrimoniais acollidos á actualización de balances.

 

-   GASTOS E TRIBUTOS

Incluiranse nestes recadros os gastos e tributos inherentes á adquisición, excluídos os xuros, que fosen satisfeitos polo adquirente e indicarase a data en que se produciu o gasto.

 

-   AMORTIZACIÓNS

Cando se trate da transmisión de elementos patrimoniais cuxa amortización fose fiscalmente deducible (inmobles arrendados ou elementos afectos a actividades económicas), faranse constar as amortizacións fiscalmente deducibles no ano en que se deduciron.

Bens non afectos: deberá consignar as amortizacións dos exercicios 2012 e 2013.

Bens afectos: deberá consignar as dotacións ás amortizacións dos exercicios 2012 e 2013.

Se o elemento trasmitido é un inmoble, o programa actualizará os diferentes compoñentes do valor de adquisición aplicando os coeficientes de actualización que corresponden aos bens afectos ou non afectos segundo proceda.