UTILIZACIÓN OU ENTREGA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES (art. 43.1.1.b da lei)

 

No caso de utilización ou entrega de vehículos automóbiles, a retribución en especie valorarase de acordo coas seguintes regras:

 

-   No suposto de entrega, o custo de adquisición para o pagador, incluídos os tributos que graven a operación.

 

-   No suposto de uso, o 20 por 100 anual do custo a que se refire o parágrafo anterior. En caso de que o vehículo non sexa propiedade do pagador, a dita porcentaxe aplicarase sobre o valor de mercado que lle correspondería ao vehículo se fose novo.

 

-   No suposto de uso e posterior entrega, a valoración desta última efectuarase tendo en conta a valoración resultante do uso anterior.