O Programa de axuda á declaración de renda para Renda 2014 é un produto informático elaborado pola Axencia Tributaria para facilitar a confección da declaración do IRPF a aqueles contribuíntes que o desexen.
• ALMACENAMENTO dos datos para a súa posterior revisión (máximo 50 declaracións).
• EXPORTACIÓN/IMPORTACIÓN de declaracións do exercicio 2014 para permitir o intercambio de declaracións entre ordenadores persoais.
• RESUMO dos resultados das declaracións do imposto sobre a renda segundo o tipo de tributación: INDIVIDUAL ou CONXUNTA.
• XERACIÓN dun arquivo PDF (Adobe) para IMPRESIÓN das declaracións nunha impresora gráfica (láser ou inxección de tinta), cunha resolución mínima de 300 dpi. A declaración impresa inclúe o documento de ingreso ou devolución e pode ser presentada directamente.
• GRAVACIÓN da información nun código de puntos impreso na zona superior da primeira páxina da declaración (páxina 0), que axilizará o procedemento posterior, especialmente se se trata de declaracións con dereito A DEVOLUCIÓN.
• XERACIÓN dun ficheiro coa información necesaria para presentar a súa declaración por vía telemática mediante a opción prevista para este fin na páxina web da Axencia Tributaria (http://www.agenciatributaria.es).
• DESCARGA dun ficheiro cos datos fiscais e persoais (estes últimos exclusivamente para contribuíntes que presentasen declaración do IRPF 2013), xerado a partir da información que a AEAT posúe do contribuínte. Estes datos poderán ser incorporados directamente á súa declaración. A descarga do ficheiro pode realizarse de dúas formas:
- Por medio dunha conexión con internet e a existencia dun certificado de sinatura electrónica admitido pola AEAT (por exemplo, o expedido pola FNMT).
- Por medio dunha conexión a internet e a inclusión do número de referencia dalgún dos produtos fiscais expedidos pola AEAT para o exercicio 2014 (por exemplo, o borrador ou os datos fiscais recibidos por correo).
O PROGRAMA NON PREVÉ O SEGUINTE SUPOSTO:
Aplicación de MÓDULOS REDUCIDOS de actividades empresariais en estimación obxectiva por signos, índices ou módulos de acordo cunha autorización administrativa.