UTILIZACIÓN DE VIVENDA (art. 43.1.1.a da lei)

 

Se a vivenda utilizada é propiedade do pagador, a valoración efectuarase polo importe que resulte de lle aplicar o 10 por 100 ao valor catastral.

 

No caso de inmobles cuxos valores catastrais fosen revisados ou modificados, ou determinados mediante un procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, de conformidade coa normativa catastral, e entrasen en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1994, a valoración será o 5 por 100 do valor catastral.

 

Se na data de xeración do imposto, os inmobles carecesen de valor catastral ou este non lle fose notificado ao titular, tomarase como base de imputación destes o 50 por 100 daquel polo que se deban computar para os efectos do imposto sobre o patrimonio. Nestes casos, a porcentaxe será do 5 por 100.

 

A valoración resultante non poderá exceder do 10 por 100 das restantes contraprestacións do traballo.

 

Se a vivenda utilizada non é propiedade do pagador, a retribución en especie vén determinada polo custo para o pagador da vivenda, incluídos os tributos que graven a operación, sen que esta valoración poida ser inferior á que lle correspondese de se aplicar a regra anterior prevista para as vivendas propiedade do pagador (5 ou 10 por 100 sobre o valor catastral da vivenda).