CUESTIÓNS XERAIS > TRIBUTACIÓN INDIVIDUAL OU CONXUNTA

UNIDADE FAMILIAR (art. 82 da lei)

 

Para os efectos do IRPF existen dúas modalidades de unidade familiar:

 

 

1ª MODALIDADE: unidade familiar integrada por cónxuxes (non separados legalmente)

 

Cando exista matrimonio (e os cónxuxes non estean separados legalmente), a unidade familiar estará integrada polos cónxuxes e, se os houber:

 

a)   Os fillos menores (con excepción dos que co consentimento de seus pais vivan independentemente).

 

b)   Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

 

2ª MODALIDADE: unidade familiar en caso de separación legal ou inexistencia de matrimonio

 

Cando non exista vínculo matrimonial ou os cónxuxes estean separados legalmente e, ademais, o contribuínte teña fillos menores ou suxeitos a patria potestade prorrogada, integrarán a unidade familiar o proxenitor (o pai ou a nai) con todos os fillos que convivan con el dos que se mencionaron anteriormente; é dicir:

 

a)   Os fillos menores (con excepción dos que co consentimento de seus pais vivan independentemente).

 

b)   Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

Ninguén poderá formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.

 

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente o 31 de decembro de cada ano.

 

As persoas que formen parte dunha unidade familiar teñen a opción de tributar conxuntamente no IRPF.