TUTELA E ACOLLEMENTO DE MENORES
TUTELA
A tutela de menores ou incapacitados, regulada nos artigos 222 e seguintes do Código civil (sen prexuízo da lexislación foral e especial existente), debe constituírse mediante resolución xudicial que deberá inscribirse no Rexistro Civil.
ACOLLEMENTO DE MENORES
De acordo co previsto nos artigos 172 e seguintes do Código civil (sen prexuízo da lexislación foral e especial existente), son susceptibles de acollemento os menores de idade que se encontren en situación de desamparo.
O acollemento debe constar obrigatoriamente por escrito, con indicación de se é ou non remunerado, e ha de realizarse co consentimento da entidade pública á que no respectivo territorio estea encomendada a protección de menores, do propio menor se tivese doce anos cumpridos e, cando fosen coñecidos, dos pais, se non estivesen privados da patria potestade, ou do titor (salvo que se trate dun acollemento familiar provisional).
Non obstante, se os pais ou o titor se opuxesen, o acollemento só poderá ser acordado polo xuíz, aínda que a entidade pública poderá acordar, en interese do menor, un acollemento familiar provisional.
O acollemento poderá adoptar as seguintes modalidades:
- Acollemento familiar simple
- Acollemento familiar permanente
- Acollemento familiar preadoptivo