TRIBUTOS FISCALMENTE DEDUCIBLES
Teñen a consideración de tributos deducibles os tributos e recargas non estatais, as exaccións parafiscais, as taxas, recargas e contribucións especiais estatais non repercutibles legalmente, sempre que incidan sobre os rendementos computados ou os bens produtores destes e non teñan carácter sancionador.
Son tributos fiscalmente deducibles, por exemplo, o imposto sobre actividades económicas (IAE) e o imposto sobre bens inmobles (IBI) que recaia sobre elementos afectos á actividade.
En ningún caso son deducibles as sancións, a recarga de constrinximento e a recarga por presentación fóra de prazo de declaracións-liquidacións e autoliquidacións tributarias.