TRANSPORTE POR AUTOTAXI
Á actividade de transporte por autotaxis (epígrafe IAE: 721.2) resúltanlle de aplicación os seguintes índices correctores especiais, segundo a poboación do municipio onde se desenvolva a actividade:
Poboación do municipio Índice
Ata 2.000 habitantes 0,75
De 2.001 ata 10.000 habitantes 0,80
De 10.001 ata 50.000 habitantes 0,85
De 50.001 ata 100.000 habitantes 0,90
Máis de 100.000 habitantes 1,00
Cando, por exercerse a actividade en varios municipios, exista a posibilidade de aplicar máis dun dos índices anteriores, aplicarase como único índice o correspondente ao municipio de maior poboación.
Á actividade de transporte por autotaxis en ningún caso lle resultará aplicable o índice corrector para empresas de reducida dimensión nin o índice corrector de exceso.