TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA E SERVIZOS DE MUDANZAS
Ás actividades de transporte de mercadorías por estrada e servizos de mudanzas (clasificación IAE: grupos 722 e 757) aplicaráselles o índice 0,80 cando o titular dispoña dun único vehículo. Aplicarase o índice 0,90 cando a actividade se realice con tractocamións e o titular careza de semirremolques. Cando a actividade se desenvolva cun único tractocamión e sen semirremolques aplicarase, exclusivamente, o índice 0,75.
A estas actividades en ningún caso lles resultará aplicable o índice corrector para empresas de reducida dimensión.