TRANSMISIÓN DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS QUE GOZASEN DE LIBERDADE DE AMORTIZACIÓN
Na transmisión, a partir do 30 de marzo de 2012, de elementos afectos a actividades económicas que gozasen da liberdade de amortización por investimentos en elementos de inmobilizado material e dos investimentos inmobiliarios afectos a actividades económicas, tanto con mantemento de emprego (investimentos realizados nos anos 2009 e 2010) coma sen a esixencia destes requisitos (investimentos efectuados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 30 de marzo de 2012), para o cálculo da ganancia ou perda patrimonial non se minorará o valor de adquisición no importe das amortizacións fiscalmente deducidas que excedan das que fosen fiscalmente deducibles de non se aplicar aquela.
O citado exceso terá, para o transmisor, a consideración de rendemento íntegro da actividade económica no período impositivo no que se efectúe a transmisión.