FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS > REGRAS ESPECIAIS DE CÁLCULO

TRANSMISIÓN DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS A CAMBIO DUNHA RENDA TEMPORAL OU VITALICIA (art. 37.1.j) da lei)

 

Nas transmisións de elementos patrimoniais a cambio dunha renda temporal ou vitalicia, a ganancia ou perda patrimonial determinarase pola diferenza entre o valor actual financeiro actuarial da renda e o valor de adquisición dos elementos patrimoniais transmitidos, e imputarase ao período impositivo no que se constitúa a renda (art. 14.2.d) da lei).

Nota: se o elemento patrimonial transmitido é a vivenda habitual e o transmisor desta é maior de 65 anos ou unha persoa en situación de dependencia severa ou gran dependencia, a ganancia patrimonial que poida derivar desta operación está exenta.