TRANSMISIÓN DE ACTIVOS FIXOS INTANXIBLES NA ACTIVIDADE DE TRANSPORTE POR AUTOTAXIS (art. 42 do regulamento)
Os contribuíntes que exerzan a actividade de transporte por autotaxis, clasificada na epígrafe 721.2 da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, e determinen o seu rendemento neto polo réxime de estimación obxectiva reducirán as ganancias patrimoniais que se lles produzan como consecuencia da transmisión de activos fixos intanxibles, cando esta transmisión estea motivada por:
- Incapacidade permanente.
- Xubilación.
- Cesamento da actividade por reestruturación do sector.
- Transmisión, calquera que sexa a causa, a familiares ata o segundo grao.
A redución obterase aplicando á ganancia patrimonial as seguintes porcentaxes:
|
Tempo transcorrido desde a adquisición do activo fixo inmaterial |
Porcentaxe aplicable
|
|
Máis de doce anos |
100 |
|
Máis de once anos |
87 |
|
Máis de dez anos |
74 |
|
Máis de nove anos |
61 |
|
Máis de oito anos |
54 |
|
Máis de sete anos |
47 |
|
Máis de seis anos |
40 |
|
Máis de cinco anos |
33 |
|
Máis de catro anos |
26 |
|
Máis de tres anos |
19 |
|
Máis de dous anos |
12 |
|
Máis dun ano |
8 |
|
Ata un ano |
4 |