TIPO DE ELEMENTO PATRIMONIAL
TIPO DE ELEMENTO PATRIMONIAL
Abrirase unha ventá de captura de datos na cal deberá seleccionar unha das seguintes claves:
1. Se a ganancia ou perda patrimonial procede de elementos non afectos a actividades económicas
- Clave 1. Bens inmobles e dereitos reais sobre estes
Marcarase este apartado se a ganancia ou perda patrimonial se deriva de bens inmobles, melloras ou dereitos reais que recaian sobre estes.
Seleccionarase, ademais, a clave correspondente á situación do inmoble e consignarase a referencia catastral.
- Clave 2. Outros dereitos sobre bens inmobles e valores de entidades do artigo 108 Lei 24/1988
Marcarase este apartado se a ganancia ou perda provén:
- De dereitos persoais sobre bens inmobles.
- Da transmisión de valores das entidades comprendidas no artigo 108 da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores (entidades con patrimonio predominantemente inmobiliario), con excepción das accións ou participacións representativas do capital social ou patrimonio das sociedades ou fondos de investimento inmobiliario. Se os citados valores están admitidos a negociación nos mercados regulados de valores definidos na Directiva 2004/39/CEE, deberá marcar unha X no recadro establecido para o efecto.
- Clave 3. Accións sen cotización oficial
Marcarase este apartado cando se trate de accións non admitidas a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores españois ou en calquera outro dos definidos na Directiva 2004/39/CEE.
- Clave 4. Accións admitidas a negociación nos mercados secundarios oficiais de valores citados no punto anterior cando a súa transmisión non se efectúe nos devanditos mercados ou teña a consideración de operacións a prazos ou con prezo aprazado.
- Clave 5. Outros elementos patrimoniais non afectos a actividades económicas
Marcarase este apartado cando a ganancia ou perda proveña de calquera outro ben ou dereito non incluído nos apartados anteriores.
2. Se a ganancia ou perda patrimonial procede de elementos afectos a actividades económicas:
- Clave 6. Bens inmobles e dereitos reais sobre estes, afectos a actividades económicas
Marcarase este apartado se a ganancia ou perda patrimonial deriva de bens inmobles.
Seleccionarase, ademais, a clave correspondente á situación do inmoble e consignarase a referencia catastral.
Clave de situación do inmoble:
Clave 1. Inmoble con referencia catastral situado en calquera punto do territorio español, agás País Vasco e Navarra.
Clave 2. Inmoble situado na Comunidade Autónoma do País Vasco ou na Comunidade Foral de Navarra.
Clave 3. Inmoble en calquera das situacións anteriores, pero sen referencia catastral.
Clave 4. Inmoble situado no estranxeiro.
- Clave 7. Outros elementos patrimoniais afectos a actividades económicas
Marcarase este apartado cando a ganancia ou perda proveña doutros elementos patrimoniais.