TIPO DE ELEMENTO PATRIMONIAL
Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá seleccionar unha das seguintes claves:
1. Se a ganancia ou perda patrimonial procede de elementos non afectos a actividades económicas
- Clave 1. Bens inmobles e dereitos reais sobre estes
Marcarase esta epígrafe se a ganancia ou perda patrimonial se deriva de bens inmobles, melloras ou dereitos reais que recaian sobre estes.
Seleccionarase, ademais, a clave correspondente á situación do inmoble e consignarase a referencia catastral.
- Clave 2. Outros dereitos sobre bens inmobles e valores de entidades do artigo 108 da Lei 24/1988
Marcarase esta epígrafe se a ganancia ou perda provén:
- De dereitos persoais sobre bens inmobles.
- Da transmisión de valores das entidades comprendidas no artigo 108 da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores (entidades con patrimonio predominantemente inmobiliario), con excepción das accións ou participacións representativas do capital social ou patrimonio das sociedades ou fondos de investimento inmobiliario. Se os citados valores están admitidos a negociación nos mercados regulados de valores definidos na Directiva 2004/39/CEE, deberá marcar unha X no recadro establecido para o efecto.
- Clave 3. Accións sen cotización oficial
Marcarase esta epígrafe cando se trate de accións non admitidas a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores españois ou en calquera outro dos definidos na Directiva 2004/39/CEE.
- Clave 4. Accións admitidas a negociación nos mercados secundarios oficiais de valores citados no punto anterior cando a transmisión destas non se efectuase nos ditos mercados ou teña a consideración de operacións a prazos ou con prezo aprazado.
- Clave 5. Outros elementos patrimoniais non afectos a actividades económicas
Marcarase esta epígrafe cando a ganancia ou perda proveña de calquera outro ben ou dereito non incluído nas epígrafes anteriores.
Atención
No caso de que á ganancia patrimonial obtida non lle sexan de aplicación os coeficientes redutores establecidos para os bens ou dereitos adquiridos antes do 31/12/1994, deberá marcar unha X na epígrafe correspondente da ventá de captura de datos.
En concreto deberá marcar unha X nos seguintes supostos:
- Transmisión de elementos patrimoniais adxudicados aos socios na disolución e liquidación de sociedades transparentes (DT décimo sexta do Real decreto lexislativo 4/2004).
- Transmisión de elementos patrimoniais achegados aos patrimonios protexidos das persoas con discapacidade cando a transmisión sexa realizada polos titulares dos ditos patrimonios (DA décimo oitava da Lei 35/2006).
2. Se a ganancia ou perda patrimonial procede de elementos afectos a actividades económicas
- Clave 6. Bens inmobles e dereitos reais sobre estes, afectos a actividades económicas
Marcarase esta epígrafe se a ganancia ou perda patrimonial deriva de bens inmobles.
Seleccionarase, ademais, a clave correspondente á situación do inmoble e consignarase a referencia catastral.
Clave de situación do inmoble
Clave 1. Inmoble con referencia catastral situado en calquera punto do territorio español, excepto País Vasco e Navarra.
Clave 2. Inmoble situado na Comunidade Autónoma do País Vasco ou na Comunidade Foral de Navarra.
Clave 3. Inmoble en calquera das situacións anteriores pero sen referencia catastral.
Clave 4. Inmoble situado no estranxeiro.
- Clave 7. Outros elementos patrimoniais afectos a actividades económicas
Marcarase esta epígrafe cando a ganancia ou perda proveña doutros elementos patrimoniais.