CAPTURA DE DATOS

TIPO DE CAPTURA DE DATOS

Abrirase unha pantalla inicial na que deberá marcar necesariamente unha X en calquera dos seguintes supostos:

 

-   Contribuíntes falecidos no ano 2014, nun día distinto ao 31 de decembro.

-   Contribuíntes cuxo cónxuxe é non residente e non contribuínte do IRPF.

 

Tamén opcionalmente poderá marcar unha X se desexa introducir unicamente os seus propios datos económicos sen incluír os do resto da unidade familiar.

Neste caso, o programa non realizará cálculos sobre cal das modalidades de tributación (individual ou conxunta) é máis favorable, nin admitirá a posibilidade de solicitar a suspensión do ingreso da débeda tributaria nunha contía igual ou inferior á devolución á que teña dereito o seu cónxuxe por este imposto. Se non opta por esta opción, pulse exclusivamente "Continuar".

 

Atención: unha vez confirmada esta pantalla, non poderá ser modificada con posterioridade e deberá iniciar unha nova declaración se necesita cambiar algún dato.