A pesar do anterior, non poderán efectuar a presentación electrónica da declaración:
1. Os contribuíntes que deban acompañar a declaración de calquera outro documento, solicitude ou manifestación de opcións non previstas expresamente nos propios modelos oficiais de declaración, salvo que efectúen a presentación destes en forma de documentos electrónicos no rexistro electrónico da AEAT de acordo co procedemento previsto na Resolución do 28 de decembro de 2009, da Presidencia da AEAT.
2. Tampouco se poderá efectuar a transmisión electrónica de declaracións cando os contribuíntes incumpran algunhas das condicións xerais establecidas para a presentación electrónica de declaracións.
4. A partir do 1 de xullo de 2019 non se poderá realizar a presentación electrónica da declaración do IRPF do ano 2014. Transcorrida a dita data, e salvo que proceda a prescrición, deberá efectuarse a presentación da citada declaración mediante o correspondente modelo de impreso.