SUPERFICIE DO LOCAL
Por superficie do local tomarase a definida para os efectos do imposto sobre actividades económicas (regra 14.1.F, alíneas a), b), c) e h) da Instrución para a aplicación das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobada polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro).
LOCAL INDEPENDENTE
Por local independente entenderase o que dispoña de sala de vendas para atención ao público.
Para estes efectos, considéranse locais independentes aqueles onde non se exerce directamente a actividade (regra 14.1.F, alínea h) da Instrución para a aplicación das tarifas do imposto sobre actividades económicas), tales como centros de dirección, oficinas administrativas, centros de cálculo, almacéns ou depósitos.
LOCAL NON INDEPENDENTE
Por local non independente entenderase o que non dispoña de sala de vendas propia para atención ao público, por estar situado no interior doutro local, galería ou mercado.
LOCAL DE FABRICACIÓN
Nas actividades correspondentes ás epígrafes 644.1, 644.2, 644.3 e 644.6 enténdese por local de fabricación o dedicado ás operacións de fabricación.