SUPERFICIE DO FORNO

 

Nas actividades que inclúan a fabricación de pan, bolería, pastelería etc. (epígrafes 419.1, 419.2, 644.1, 644.2, e 644.3 do IAE), por superficie do forno entenderase a que corresponda ás características técnicas deste.

 

A través dunha ventá de captura de datos indicaranse os decímetros cadrados (dm2) de superficie do forno ou fornos instalados na actividade. O programa converte este dato en "centos de decímetros cadrados" que é a unidade do módulo.