SOLDOS E SALARIOS
Recolleranse nesta epígrafe as retribucións aos empregados por soldos, pagas extraordinarias, axudas de custo e asignacións por gastos de viaxe, retribucións en especie (incluído o ingreso á conta, sempre que non se repercutise aos perceptores) etc.
Retribucións satisfeitas a membros da unidade familiar (art. 30.2 da lei)
Cando resulte debidamente acreditado, existindo o oportuno contrato laboral e afiliación ao réxime correspondente da Seguridade Social, que o cónxuxe ou os fillos menores que convivan co contribuínte traballan habitualmente e con continuidade nas actividades empresariais desenvolvidas por este, poderán deducirse para a determinación dos rendementos as retribucións estipuladas con cada un deles sempre que non sexan superiores ás de mercado correspondentes á súa cualificación profesional e traballo desempeñado.
As ditas cantidades consideraranse obtidas polo cónxuxe ou os fillos menores en concepto de rendementos de traballo para todos os efectos tributarios.