CUESTIÓNS XERAIS

SERVIZOS DE AXUDA

 

Para facilitar a confección e presentación da declaración do IRPF a Axencia Tributaria pon á disposición dos contribuíntes, ademais do programa PADRE, os seguintes servizos de axuda:

 

RENDA INFORMACIÓN

 

O servizo telefónico de información tributaria préstase no número 901 33 55 33.

 

 

ENTIDADES COLABORADORAS

 

Colaboran coa Axencia Tributaria na confección de declaracións mediante o programa PADRE, concellos, bancos, caixas de aforro, caixas rurais, cámaras de comercio, sindicatos, grandes empresas, asociacións agrarias etc.

 

 

INTERNET

 

Na páxina da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es), ademais de encontrar información xeral e tributaria e programas de axuda, pódense presentar as declaracións do IRPF, obter os datos fiscais, imprimir as etiquetas identificativas e notificar cambios de domicilio, entre outros servizos, se dispón de certificado de usuario. Se desexa información para obtelo, consulte a páxina ou chame ao 901 33 55 33.

 

Sen necesidade de certificado pódese consultar información xeral, descargar programas de axuda, solicitar o envío ao domicilio dos datos fiscais e etiquetas, pedir cita previa etc.