SEGUROS DE ENFERMIDADE (art. 30.5 da lei)

 

Terán a consideración de gasto deducible para a determinación do rendemento neto en estimación directa as primas de seguro de enfermidade satisfeitas polo contribuínte na parte correspondente á súa propia cobertura e á do seu cónxuxe e fillos menores de vinte e cinco anos que convivan con el. O límite máximo de dedución será de 500 euros por cada unha das persoas sinaladas anteriormente.