SEGUROS DE DEPENDENCIA (art. 51.5 da lei)
Cabe distinguir:
1. Seguros de dependencia privados
Poderán reducir a base impoñible as primas satisfeitas aos seguros privados que cubran exclusivamente o risco de dependencia severa ou de gran dependencia conforme o disposto na Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Igualmente, as persoas que teñan co contribuínte unha relación de parentesco en liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive, ou polo seu cónxuxe, ou por aquelas persoas que tivese o contribuínte ao seu cargo en réxime de tutela ou acollemento, poderán reducir na súa base impoñible as primas satisfeitas a estes seguros privados, tendo en conta o límite de redución previsto na lei.
2. Seguros colectivos
Con efectos a partir do un de xaneiro de 2013, os compromisos por pensións asumidos polas empresas, incluíndo as prestacións causadas, poderán instrumentarse, mediante contratos de seguros colectivos de dependencia, nos cales como tomador do seguro figurará exclusivamente a empresa e a condición de asegurado e beneficiario corresponderalle ao traballador. As primas satisfeitas pola empresa en virtude destes contratos de seguro e imputadas ao traballador terán un límite de redución propio e independente de 5.000 euros anuais.
Estas primas non estarán suxeitas ao imposto sobre sucesións e doazóns.
LÍMITE do conxunto de reducións
O conxunto das reducións practicadas por todas as persoas que satisfagan primas a favor dun mesmo contribuínte, incluídas as do propio contribuínte, non poderán exceder de 10.000 euros anuais.
O contrato de seguro deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) O contribuínte deberá ser o tomador, asegurado e beneficiario. Non obstante, no caso de falecemento, poderá xerar dereito ás prestacións nos termos previstos no Real decreto lexislativo 1/2002, polo que se aproba o texto refundido da Lei de regulación dos plans e fondos de pensións.
b) Estes contratos de seguro terán obrigatoriamente que ofrecer unha garantía de xuro e utilizar técnicas actuariais.