SEGURIDADE SOCIAL A CARGO DA EMPRESA (incluídas as cotizacións do titular)
Dentro desta partida inclúese a Seguridade Social a cargo da empresa,así como as cotizacións correspondentes ao titular da explotación.
Mutualidades de previsión social do empresario ou profesional
Como regra xeral, non son deducibles para determinar os rendementos da actividade económica as achegas a mutualidades de previsión social do propio empresario ou profesional, sen prexuízo de que poidan ser obxecto de redución da parte xeral da base impoñible.
Non obstante, terán a consideración de gasto deducible as cantidades aboadas en virtude de contratos de seguro concertados con mutualidades de previsión social por profesionais non integrados no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos, cando, para os efectos de lle cumprimento á obriga prevista na disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados, actúen como alternativas ao réxime especial da Seguridade Social mencionado, na parte que teña por obxecto a cobertura de continxencias atendidas pola Seguridade Social, co límite anual do 50 por 100 da cota máxima por continxencias comúns que estea establecida, en cada exercicio económico, no citado réxime especial. O límite máximo establecido para o exercicio 2014 como deducible está en 6.125,15 euros.