A) RÉXIME XERAL
- SALDOS PENDENTES DE EXERCICIOS ANTERIORES
Indicaranse os saldos pendentes correspondentes ás diferentes modalidades de dedución por investimentos procedentes de exercicios anteriores, distinguindo aqueles saldos para os que o exercicio 2014 sexa o último exercicio de aplicación do resto dos saldos pendentes.
Atención: o programa non prevé a aplicación de saldos pendentes da dedución por investimentos en producións cinematográficas realizadas polo coprodutor financeiro, xa que para este caso non ten en conta o límite establecido legalmente do 5 por 100 da renda do período derivada dos ditos investimentos.
B) RÉXIMES ESPECIAIS
Indicaranse os saldos pendentes de dedución procedentes dos seguintes réximes especiais de apoio a acontecementos de excepcional interese público: