RÉXIME TRANSITORIO APLICABLE ÁS RENDAS VITALICIAS E TEMPORAIS (DT quinta da lei)

 

•    Rendas constituídas antes do 01-01-1999

 

Para determinar a parte das rendas vitalicias e temporais, inmediatas ou diferidas, que se considera rendemento do capital mobiliario, resultarán aplicables exclusivamente as porcentaxes sinaladas nos parágrafos anteriores (art. 25.3.a), números 2 e 3 da lei).

As ditas porcentaxes resultarán aplicables en función da idade que tivese o perceptor no momento da constitución da renda no caso de rendas vitalicias ou en función da total duración da renda se se trata de rendas temporais.

Se se acudise ao rescate de rendas vitalicias ou temporais, para o cálculo do rendemento do capital mobiliario producido con motivo do rescate, restarase a rendibilidade obtida ata a data de constitución da renda.

 

•    Rendas constituídas entre o 01-01-1999 e o 31-12-2006

 

Para determinar a parte das rendas vitalicias e temporais, inmediatas ou diferidas, que se considera rendemento do capital mobiliario, resultarán aplicables as porcentaxes sinaladas nos parágrafos anteriores (art. 25.3.a), números 2 e 3 da lei) ás prestacións en forma de renda que se perciban a partir da entrada en vigor desta lei.

As ditas porcentaxes resultarán aplicables en función da idade que tivese o perceptor no momento da constitución da renda no caso de rendas vitalicias ou en función da total duración da renda se se trata de rendas temporais

Adicionalmente, se é o caso, engadirase a rendibilidade obtida ata a data de constitución da renda.