FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA > DEDUCIÓNS POR INCENTIVOS E ESTÍMULOS AO INVESTIMENTO EMPRESARIAL > I. RÉXIME XERAL (arts. 35 a 44 do TRLIS) > DEDUCIÓNS DO EXERCICIO 2014.
RÉXIME ESPECIAL PROGRAMA DE PREPARACIÓN DOS DEPORTISTAS ESPAÑOIS PARA OS XOGOS DE RÍO DE XANEIRO 2016 (DA quincuaxésima da Lei 17/2012)

 

A celebración do “Programa de Preparación dos Deportistas Españois para os Xogos de Río de Xaneiro 2016” terá a consideración de acontecemento de excepcional interese público para os  efectos do disposto no artigo 27 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais de mecenado.

 

A duración do programa de apoio a este acontecemento abarcará desde o 1 de xaneiro de 2013 ao 31 de decembro de 2016.

 

Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra do imposto o 15 por 100 dos gastos que, en cumprimento dos plans e programas de actividades establecidos polo consorcio, realicen de acordo co artigo 27.3 da Lei 49/2002, na redacción dada pola disposición derradeira segunda da Lei 35/2006, do 28 de novembro.